
o encontro decano da Península Ibérica
Levamos dende 2007 organizando de forma continuada un encontro de Artes Marciais Históricas familiar, acolledor, seguro e aberto a todo o mundo.
Tres dias de workshops
Desde niveis introductorios a avanzados, con variedade de temáticas orientadas a ampliar a tua perspectiva sobre as artes marciais historicas: Destreza Ibérica, Kunst des Fechtens, Fiore, I.33, savate, loita…
conferencias e exibicións
Porque a parte académica é fundamental na nosa comprensión das HEMA, todos os anos acollemos polo menos unha conferencia e demostración que contextualice o que facemos.
asaltos libres
Por termos visitantes de procedencias mui diversas, o Torre é a ocasión perfecta para tirar con todo tipo de armas con grande variedade de oponentes — todo no mesmo lugar.
actividades culturais
Tentamos ofrecer tamén algún tipo de visita, paseo, concerto ou algunha outra actividade alén do mundo das espadas.
vida social e festa
HEMA é, ante todo, unha comunidade. Por isto cuidamos de organizar varias ceas, comidas e polo menos unha noite de festa na cidade.


